domingo, 22 de enero de 2017

ANIVERSARIOS XANEIRO

Nestes últimos días celebramos os aniversarios de Alba e Diego que trouxeron chuches para compartir con todos os compañeiros e compañeiras. Desexamos que pasarades un bo día! Parabens para os dous!

domingo, 15 de enero de 2017

Nadal

Durante estas vacacións de Nadal non puiden subir ningunha entrada ao blogue por problemas técnicos. Agora xa resoltos, deixovos por aquí algunhas das actividades de decembro.

En primeiro lugar disfrutamos dun concerto de panxoliñas.





Tamén intercambiamos agasallos cos nosos amigos invisibles. Fixemos unhas manualidades chulísimas!


En Carballo disfrutamos no cine coa peli de Vaiana.







O último día de clase recibimos a visita dos Reis Magos e puidemos cantarlles a canción que prepararamos coa profe Luisa e darlles as nosas cartas.


Como colofón final todos os nenos e nenas do cole despedimos o ano 2016 coas 12 campanadas e os gusanitos. Pasámolo xenial!!




E a volta ás clases? Os reis deixaron na nosa aula xogos e libros para que continuemos aprendendo e xogando.