miércoles, 23 de noviembre de 2016

RAPEANDO

Nas últimas unidades de lingua e lengua traballamos a poesía, os versos, as estrofas, as rimas... pero o fixemos dunha forma diferente, mediante o  rap. Entre todos pensamos o que queriamos poñer na nosa canción, fixámonos nas palabras que tiñan que rimar e cómo queríamos organizar as estrofas. A profe axudounos un poco coa medida dos versos e aquí temos o resultado!
Brais, estamos desexando que veñas ao cole para rapear todos xuntos. Namentres, deixamos este video para que aprendades a rapear connosco.

SOMOS OS RAPEIROS DE 3ºA
SABEMOS COCIÑAR E TAMEN RAPEAR,
GÚSTANOS XOGAR, CANTAR E BAILAR
PERO SOBRE TODO DISFRUTAR.

NO COLE ESTUDAMOS MATE E NATURAIS,
LINGUA, LENGUA E TAMÉN SOCIAIS.
ADEMÁIS APRENDEMOS MÚSICA E INGLÉS
E NO LO PASAMOS MOI BEN

A NOSA PROFE É XENIAL,
PREPÁRANOS XOGOS SUPER GUAIS.

ANDREAS, ALEX, BELTRÁN E ELOY,
ESME, MARTÍN, ALE E AARÓN,
ALBA, AROA, SARAY E SALVADOR,
LUCAS, DIEGO, ESTES SOMOS NÓS.

BRAIS ESTÁ NA CASA,
PRONTO VOLVERÁ,
E ENTRE TODOS
IMOS RAPEAR.


miércoles, 16 de noviembre de 2016

SAMAÍN E MAGOSTO

Nestas ultimas semanas fixemos varias cousiñas a nivel de centro para festexar o Samaín e o Magosto.

No Samaín compartimos cos nosos compis de 3º e 4º unha merendola terrorífica: ollos monstruosos, arañas con magdalenas e pantasmas e cabazas con froita. Estaba todo riquísimo!!
Ademáis diso visitamos o túnel do terror no corredor da aula de inglés, fomos moi valentes e non pasamos moito medo.
Aproveitando que ese día podiamos vir disfrazados ao cole, os compañeiros de 6º sorprendéronnos co  baile de Thriller de Michael Jackson. Foi moi divertido!! Tamén os compañeiros de 6º viñeron a nosa clase a contarnos un conto de medo, e nós como agradecemento agasallamos a cada neno cun marcapáxinas de Samaín personalizado.















Para o magosto, primeiro elaboramos na clase de plástica un comecastañas e o venres pola tarde reunímonos todos os nenos e nenas do cole no patio. Alí recibimos a visita dun bruxo e unha bruxa cos que fixemos a queima dos nosos medos, despois cantamos a canción de "Non chas quero" que preparáramos coa nosa profe Luisa. Por último fixemos o xogo de tirar da corda e puxémonos a papar as castañas.


















domingo, 13 de noviembre de 2016

ANIVERSARIOS

Temos varias cousiñas pendentes destes días, unha delas son as fotos dos aniversarios de Andrea e Eloy.




Como vedes, temos ahi ao fondo da clase o noso espacio. Entre todos fixemos dous sistemas solares e algunhas das constelacions que mais nos gustaron.


miércoles, 19 de octubre de 2016

ESTES SOMOS NOS

Aquí están os nosos retratos e as nosas descripcións. Xogamos a adiviñar quen é cada un?


Chámome Ale e  o  meu  apelido   é  Creata.  Fisicamente son  alta,  de  ollos  marróns  e  delgada. Teño o  pelo  curto  e a  nariz   redonda  e  o  meu  carácter    é  divertido.  Gústanme  os   deportes   como  patinaxe  e  as miñas    aficions    son  debuxar  e  facer  deporte. Gústame   bailar,  debuxar  e  xogar  cos  meus  amigos. No  colexio   aprendo  moitas cousas  e  de  maior  quero  ser  médica  porque   podo  curar  a  xente    e  as persoas  que  están  enfermas.

Chámome  Alejandro e o meu apodo é Alex. Son un pouco tímido e divertido. Son alto e delgado. Teño os ollos castaños  e o pelo castaño. A miña cara é ovalada e morena. Gústame a tele e de maior quero  ser cantante. 

Chámome Andrea Calvo Castro. Fisicamente son alta, co pelo rizo e de cor castaño. Os meus ollos os teño de cor marrón, a cara a teño redonda e a boca grande.O meu carácter e alegre. As miñas aficions son coser e pintar. Gústame a pel de mascotas, a cor rosa, ver a tele e xogar coa tablet. No colexio vaime ben ,fixen amigos e gústame o inglés. De maior quero ser peluqueira.

Chámome Aroa Cotelo Lema.  Son baixa e delgada. Teño os ollos marróns,nariz puntiaguda e teño coloretes. Son divertida e atrevida. Fago natación e patinaxe. Gústame estar con Bea e Patri ,as miñas amigas. Gústame a peli Canguros en apuros e tamén comer canelóns. No  colexio  divírtome,  aprendo rápido  e o paso ben. De maior gustaríame ser profesora de gardería.


Me llamo Esmeralda. Tengo  el  pelo  largo y  marrón  claro. Soy  delgada, alta y tengo los ojos rasgados.  Me gusta correr, patinar  y  hacer el espagat. También me  gusta  bucear en la playa o  en la piscina. Me encantan  los espaguetis y  me  gustan  todos los  colores menos el negro. Me gusta el colegio porque así puedo aprender para ser veterinaria. De  mayor  quiero ser veterinaria porque me gustan los animales.

Chámome Alba pero chámanme Albita. Son alegre e divertida. Fisicamente son alta e delgada. Teño  o pelo largo e marrón, os ollos marróns ,teño a boca pequena e o nariz pequeno. Os  meus deportes favoritos son patinaxe e natación. A miña aficións é ver a tele. Gústame a cor lila, os sanxacobes e a miña película favorita é Mascotas. No colexio xogo coas miñas amigas. De maior quero ser veterinaria porque me gustan os animais.

Chámome Beltrán, son mediano, áxil e o meu pelo e negro. Gústanme os chipiróns, a ensalada a pizza e moito mais. As miñas aficions son nadar, saltar, ir na bici,  bucear… No colexio vaime moi ben. De  maior quero ser paleontólogo porque me gustan os dinosauros. 

Chámome  Lucas Moreira  Doldán. Físicamente son  alto, delgado e teño  os  ollos  verdes. O  meu  carácter  é   tímido. Gústanme  os  deportes  como piscina  e  correr. Gústame  durmir, xogar, andar na bici, dar paseos, os dinosauros e os dragóns. Gústame  o colexio porque aprendo moitas  cousas. De maior quero ser  granxeiro porque me gustan os animais de granxa.



Son Aarón e fisicamente son alto, delgado e moreno. Teño o pelo castaño e teño un lunar no nariz. Teño o carácter divertido. Gústanme os deportes como andar, correr, nadar, ciclismo e a supervivencia. As miñas aficións son a prehistoria, as antigüidades e os minerais. Gústame  a comida, o deporte, a tele, xogar… No colexio  vaime ben, aprendo e xogo. De  maior quero ser arqueólogo.

Chámome Andrea  Joana  Creata  Conciu. O meu apodo  é  Andre. Fisicamente son delgada, alta e morena. Teño o pelo corto de cor marrón escuro e teño  un lunar  cerca  do ollo. A  miña boca é pequena  e o meu nariz e redondo. O  meu carácter e tímido. Gústanme os deportes como patinaxe. Gústame bailar,pintar e ir ao super. Tamén me gusta a cor  lila,  comer lasaña e a peli de Frozen. No colexio vaime ben e teño moitos compañeiros. De maior quero ser pintora e bailarina.

Chámome Salvador Andrade Varela pero chámanme Salva. Fisicamente son alto e delgado. Teño o pelo de cor  marrón escuro e os  meus ollos son marróns. Son branco de pel, a miña boca é grande e o meu nariz é pequeno. Son alegre e divertido.O deporte que me gusta practicar é judo. A miña afición é coleccionar follas. Gústame  a cor verde e a pasta rechea de noces e pera. No colexio vaime ben e de maior  quero ser profe de mates porque se me dan ben.

Chámome Diego García Castro. Fisicamente son alto e gordo. Teño os ollos  marróns. Teño o pelo negro, a boca grande e o nariz redondo. O meu carácter é alegre. Gústame moito o fútbol. As miñas aficións son nadar e xogar. Gústame a película das mascotas. No colexio vaime ben e de maior quero ser futbolista porque me gusta o fútbol moito.


Chámome  Eloy Amado Vecino o meu apodo é Eloiciño. Fisicamente son alto e delgado,  os meus ollos son azuis. Teño os beizos un pouco grosos e o pelo loiro e curto. O meu carácter é alegre, divertido, gracioso, cariñoso e serio. Xogo  ao fútbol e vou á piscina. As miñas aficións son xogar, ver a tele e facer exercicio. Gústame Star Wars e no colexio vou ben. De maior quero ser pescador porque me gusta ir ás troitas.

Chámome Martín  James. Fisicamente son  guapo, alto e delgado. Teño os ollos negros e a miña nariz é punqui.  O meu carácter é simpático. O deporte que mais  me gusta é o fútbol.  No colexio  vaime ben e de maior quero ser futbolista. 

Chámome Brais García García. Teño os ollos marróns e o pelo castaño. Encántame o fútbol!

Chámome Saray Lema García. Fisicamente son gordiña,teño o nariz grande,beizos  grandes, ollos verdes e grandes e o pelo marrón escuro. O  meu carácter é bo e sensible. Gústame  nadar  e  oír música. Tamén as mascotas ,saltar e pintar. No colexio vaime ben. De  maior quero ser coidadora de mascotas.