miércoles, 16 de noviembre de 2016

SAMAÍN E MAGOSTO

Nestas ultimas semanas fixemos varias cousiñas a nivel de centro para festexar o Samaín e o Magosto.

No Samaín compartimos cos nosos compis de 3º e 4º unha merendola terrorífica: ollos monstruosos, arañas con magdalenas e pantasmas e cabazas con froita. Estaba todo riquísimo!!
Ademáis diso visitamos o túnel do terror no corredor da aula de inglés, fomos moi valentes e non pasamos moito medo.
Aproveitando que ese día podiamos vir disfrazados ao cole, os compañeiros de 6º sorprendéronnos co  baile de Thriller de Michael Jackson. Foi moi divertido!! Tamén os compañeiros de 6º viñeron a nosa clase a contarnos un conto de medo, e nós como agradecemento agasallamos a cada neno cun marcapáxinas de Samaín personalizado.















Para o magosto, primeiro elaboramos na clase de plástica un comecastañas e o venres pola tarde reunímonos todos os nenos e nenas do cole no patio. Alí recibimos a visita dun bruxo e unha bruxa cos que fixemos a queima dos nosos medos, despois cantamos a canción de "Non chas quero" que preparáramos coa nosa profe Luisa. Por último fixemos o xogo de tirar da corda e puxémonos a papar as castañas.


















No hay comentarios:

Publicar un comentario