sábado, 18 de febrero de 2017

Entrenamos a nosa velocidade lectora

Ola a todos!
Por petición popular deixovos por aquí o enlace ao xogo que fixemos o outro día na clase para practicar a nosa velocidade lectora.


http://ntic.educacion.es/w3//eos/MaterialesEducativos/mem2007/lectoescritura_adaptada/lea/menuppal.html


Para poder entrar, non premades no debuxo, senón no enlace que puxen debaixo del.
Unha vez dentro, premede no debuxo 4, e alí podedes entrar en "velocidad lectora 1" ou "velocidad lectora 2". Cando estedes alí, tedes que darlle á flecha para comenzar a xogar.

domingo, 5 de febrero de 2017

DIA DA PAZ

O 30 de Xaneiro celebramos o día da paz. Todos os nenos do cole reunímonos no patio e cantamos unha canción con coreografia que prepararamos coa profe Luisa. Saíunos xenial!
Ademáis decoramos unha pomba cada un e puxémola na entrada do cole facendo este precioso mural.






O día seguinte acudimos a biblioteca do concello para disfrutar dun concerto homenaxe a Xosé Neira Vilas.Pasámolo moi moi ben. 
Deixovos por aqui o enlace ao xornal que recolleu na súa páxina web un video resumo da actividade.