domingo, 15 de octubre de 2017

UN NOVO CURSO

Un mes despois de empezar as clases por fin retomamos o blog. Nestas ultimas semanas fixemos varias cousiñas, entre elas uns debuxos con perspectiva moi divertidos! Puxemos as nosas mans e pes a tamaño natural, e este foi o resultado....








Tamén tivemos tempo de ver unha demostración de robótica na biblioteca, quedamos pasmados!

Estudamos o primeiro tema de naturais e aprendemos os nutrientes dos alimentos xogando con esta gran pirámide


A semana pasada a nosa compi Aroa estivo de cumple e trouxo bombóns para todos, co larpeiros que somos.... puxémonos as botas!





En nada chega o Samaín, asi que moi pronto subiremos as cousiñas que fagamos e algunhas actividades que estamos a preparar para ciencias sociais.
Bicos a todos!