lunes, 27 de marzo de 2017

Varias cousiñas de Marzo

Neste mes ademáis de Alex estiveron de cumple Salvador e Saray. Desexamos que pasarades un día de cumple estupendo!



Deixovos por aquí tamén as fotos que vos fixo a profe Sandra no día de San Patricio. Estabades guapísimos!!




Por último, queriamos compartir convosco a chegada da nosa nova mascota da aula, Chámase Cheempo y ven nada máis e nada menos que de África. Entre todos puxemos uns cartiños para poder mercalo e así colaborar co Instituto Jane Goodall, que traballa para coidar os chimpancés africanos e o seu hábitat. Cheempo visitará pouco a pouco as nosas casas nos fines de semana para que así tamén o coñezan as nosas familias.




miércoles, 22 de marzo de 2017

Día da muller

Para celebrar este día , na clase de plástica fixemos uns retratos de mulleres que tiveron un papel moi importante na nosa historia e aprendimos unha chea de cousas sobre elas. A nosa clase tocaronlle 3 persoaxes moi interesantes:

-Jane Goodall, defensora dos animais e do medio ambiente, especialmente dos chimpancés e o seu entorno.



-Fida Kahlo, unha destacada pintora mexicana, que facía autoretratos e outros cadros baseados na sua vida persoal.




- Concepción Arenal, unha fantástica escritora que loitou porque todas as mulleres teñamos dereito á educación. No seu tempo, tivo que disfrazarse de home para poder estudar na universidade.



Todos os cadros os fixemos con material reciclado, foi moi divertido!
Ademáis, indagamos un pouquiño máis noutras figuras femeninas moi representativas na historia: Juana de Arco, Valentina Tereskova, Clara Campoamor,Teresa de Calcuta e moitas outras mais!!!
Xunto co resto de aulas, fixemos unha exposición das nosas obras de arte na entrada do cole. A que quedou moi ben??



viernes, 17 de marzo de 2017

Aniversario Alex

Fai uns días o noso compañeiro Alex estivo de cumple e trouxo chuches para celebralo con nós. Parabéns Alex! Desexamos que pasaras un día estupendo!


Día de Rosalía

O 24 de febreiro conmemoramos o día de Rosalía de Castro, entre todos os nenos fixemos unha composición de retratos da escritora ao estilo "Andy Warhol".
Despois xunto cos compañeiros de 4º recitamos o poema de Rosalía "ADIOS RÍOS, ADIOS FONTES"
Deixovos por aquí o enlace ao video que preparou a profe Sandra.





http://www.edu.xunta.gal/centros/ceippondalponteceso/node/346