miércoles, 22 de marzo de 2017

Día da muller

Para celebrar este día , na clase de plástica fixemos uns retratos de mulleres que tiveron un papel moi importante na nosa historia e aprendimos unha chea de cousas sobre elas. A nosa clase tocaronlle 3 persoaxes moi interesantes:

-Jane Goodall, defensora dos animais e do medio ambiente, especialmente dos chimpancés e o seu entorno.



-Fida Kahlo, unha destacada pintora mexicana, que facía autoretratos e outros cadros baseados na sua vida persoal.




- Concepción Arenal, unha fantástica escritora que loitou porque todas as mulleres teñamos dereito á educación. No seu tempo, tivo que disfrazarse de home para poder estudar na universidade.



Todos os cadros os fixemos con material reciclado, foi moi divertido!
Ademáis, indagamos un pouquiño máis noutras figuras femeninas moi representativas na historia: Juana de Arco, Valentina Tereskova, Clara Campoamor,Teresa de Calcuta e moitas outras mais!!!
Xunto co resto de aulas, fixemos unha exposición das nosas obras de arte na entrada do cole. A que quedou moi ben??



No hay comentarios:

Publicar un comentario