domingo, 2 de abril de 2017

SOGAMA

A semana pasada tivemos a sorte de poder visitar a fábrica de SOGAMA, que se encarga de xestionar e tratar residuos sólidos urbanos. Neste lugar están centrados no tratamento de residuo orgánico e nos plásticos, bricks e envases de Galicia.
Cando chegamos, mostráronnos unha maqueta da planta para que tiveramos unha idea global de todo o que alí facían.





A continuación entramos nun salón de actos onde nos explicaron unha chea de cousas, por exemplo chamounos a atención que a camiseta de Paul Gasol, xogador de baloncesto, estaba feita de material reciclado. 
Todo o que tiramos ao lixo, transfórmase ou ben en enerxia, cando queiman os residuos que non poden ser reciclados, ou ben en diferentes materiais cos que se fan multiples obxectos.





Como é moi importante que separemos ben o lixo, fixemos un xogo para aprender qué residuos van en cada colector. Tiñamos 4: o colector amarelo, o iglú verde, o gris ou verde escuro e o azul. Os monitores repartiron a cada neno/a unha tarxetiña onde viñan distintos obxectos e nós tiñamos que metelo  no colector correspondente. A verdade é que o fixemos bastante ben!










Despois diso, puxemos a equipación de seguridade para visitar a planta (gorro, casco, mascarilla e chaleco)






                                   



Vimos como descargaban o lixo dos contenedores verdes escuros nun foso de 12 metros de profundidade! Despois todo iso queimabase e producían electricidade.


Noutra zona vimos cómo separaban os envases do colector amarelo (plásticos,bricks, latas...)


Pasámolo moi ben!!!


Aprendimos moitas cousas e así de contentos voltamos á escola!