sábado, 18 de febrero de 2017

Entrenamos a nosa velocidade lectora

Ola a todos!
Por petición popular deixovos por aquí o enlace ao xogo que fixemos o outro día na clase para practicar a nosa velocidade lectora.


http://ntic.educacion.es/w3//eos/MaterialesEducativos/mem2007/lectoescritura_adaptada/lea/menuppal.html


Para poder entrar, non premades no debuxo, senón no enlace que puxen debaixo del.
Unha vez dentro, premede no debuxo 4, e alí podedes entrar en "velocidad lectora 1" ou "velocidad lectora 2". Cando estedes alí, tedes que darlle á flecha para comenzar a xogar.

domingo, 5 de febrero de 2017

DIA DA PAZ

O 30 de Xaneiro celebramos o día da paz. Todos os nenos do cole reunímonos no patio e cantamos unha canción con coreografia que prepararamos coa profe Luisa. Saíunos xenial!
Ademáis decoramos unha pomba cada un e puxémola na entrada do cole facendo este precioso mural.






O día seguinte acudimos a biblioteca do concello para disfrutar dun concerto homenaxe a Xosé Neira Vilas.Pasámolo moi moi ben. 
Deixovos por aqui o enlace ao xornal que recolleu na súa páxina web un video resumo da actividade.


domingo, 22 de enero de 2017

ANIVERSARIOS XANEIRO

Nestes últimos días celebramos os aniversarios de Alba e Diego que trouxeron chuches para compartir con todos os compañeiros e compañeiras. Desexamos que pasarades un bo día! Parabens para os dous!

domingo, 15 de enero de 2017

Nadal

Durante estas vacacións de Nadal non puiden subir ningunha entrada ao blogue por problemas técnicos. Agora xa resoltos, deixovos por aquí algunhas das actividades de decembro.

En primeiro lugar disfrutamos dun concerto de panxoliñas.





Tamén intercambiamos agasallos cos nosos amigos invisibles. Fixemos unhas manualidades chulísimas!


En Carballo disfrutamos no cine coa peli de Vaiana.







O último día de clase recibimos a visita dos Reis Magos e puidemos cantarlles a canción que prepararamos coa profe Luisa e darlles as nosas cartas.


Como colofón final todos os nenos e nenas do cole despedimos o ano 2016 coas 12 campanadas e os gusanitos. Pasámolo xenial!!




E a volta ás clases? Os reis deixaron na nosa aula xogos e libros para que continuemos aprendendo e xogando.




miércoles, 23 de noviembre de 2016

RAPEANDO

Nas últimas unidades de lingua e lengua traballamos a poesía, os versos, as estrofas, as rimas... pero o fixemos dunha forma diferente, mediante o  rap. Entre todos pensamos o que queriamos poñer na nosa canción, fixámonos nas palabras que tiñan que rimar e cómo queríamos organizar as estrofas. A profe axudounos un poco coa medida dos versos e aquí temos o resultado!
Brais, estamos desexando que veñas ao cole para rapear todos xuntos. Namentres, deixamos este video para que aprendades a rapear connosco.

SOMOS OS RAPEIROS DE 3ºA
SABEMOS COCIÑAR E TAMEN RAPEAR,
GÚSTANOS XOGAR, CANTAR E BAILAR
PERO SOBRE TODO DISFRUTAR.

NO COLE ESTUDAMOS MATE E NATURAIS,
LINGUA, LENGUA E TAMÉN SOCIAIS.
ADEMÁIS APRENDEMOS MÚSICA E INGLÉS
E NO LO PASAMOS MOI BEN

A NOSA PROFE É XENIAL,
PREPÁRANOS XOGOS SUPER GUAIS.

ANDREAS, ALEX, BELTRÁN E ELOY,
ESME, MARTÍN, ALE E AARÓN,
ALBA, AROA, SARAY E SALVADOR,
LUCAS, DIEGO, ESTES SOMOS NÓS.

BRAIS ESTÁ NA CASA,
PRONTO VOLVERÁ,
E ENTRE TODOS
IMOS RAPEAR.


miércoles, 16 de noviembre de 2016

SAMAÍN E MAGOSTO

Nestas ultimas semanas fixemos varias cousiñas a nivel de centro para festexar o Samaín e o Magosto.

No Samaín compartimos cos nosos compis de 3º e 4º unha merendola terrorífica: ollos monstruosos, arañas con magdalenas e pantasmas e cabazas con froita. Estaba todo riquísimo!!
Ademáis diso visitamos o túnel do terror no corredor da aula de inglés, fomos moi valentes e non pasamos moito medo.
Aproveitando que ese día podiamos vir disfrazados ao cole, os compañeiros de 6º sorprendéronnos co  baile de Thriller de Michael Jackson. Foi moi divertido!! Tamén os compañeiros de 6º viñeron a nosa clase a contarnos un conto de medo, e nós como agradecemento agasallamos a cada neno cun marcapáxinas de Samaín personalizado.















Para o magosto, primeiro elaboramos na clase de plástica un comecastañas e o venres pola tarde reunímonos todos os nenos e nenas do cole no patio. Alí recibimos a visita dun bruxo e unha bruxa cos que fixemos a queima dos nosos medos, despois cantamos a canción de "Non chas quero" que preparáramos coa nosa profe Luisa. Por último fixemos o xogo de tirar da corda e puxémonos a papar as castañas.